Charlas que enganchan
O Berbés, os tranvías, Bouzas, as Cíes, o Vigo industrial, Verne ou as historias agochadas nas rúas. Adaptamos o tema á audiencia.
PlayVigo · Cultura, memoria e participación
Levamos o Vigo de onte e de hoxe a onde haxa ganas de descubrir: unha aula, un local veciñal, unha empresa, unha biblioteca ou un escenario. Con historias, fotografías, humor e moitas preguntas.
Non fai falta saber de historia. Abonda con ter curiosidade.
01 / Charlas e actividades
Charlas divulgativas, encontros e obradoiros con fotografías antigas, curiosidades, preguntas, pequenos xogos e participación do público. Un xeito divertido, formativo e didáctico de viaxar pola cidade sen saír da sala.
O Berbés, os tranvías, Bouzas, as Cíes, o Vigo industrial, Verne ou as historias agochadas nas rúas. Adaptamos o tema á audiencia.
Preguntas, retos, quizzes e imaxes para descubrir. A xente participa, opina e aprende sen sentir que está nun exame.
Unha fotografía pode facer que aparezan dez lembranzas. Encontros para escoitar historias do barrio e conectar xeracións.
Para encontros presenciais e actividades a medida. Tema, duración, lugar, materiais e condicións acordaranse para cada proposta.
Para quen?
Non nos limitamos a un único formato nin a un tipo de entidade. Cada colaboración pode ter unha finalidade cultural, educativa, social ou divulgativa diferente.
Asociacións veciñais, centros cívicos, colectivos sociais, clubs e centros de maiores.
Colexios, institutos, ANPAS, universidades, bibliotecas e centros de formación.
Comercios, hostalaría, turismo, empresas, asociacións empresariais e equipos de traballo.
Museos, fundacións, ONG, concellos, entidades públicas, organizacións e festivais.
E tamén persoas particulares, artistas, investigadores ou quen teña unha boa idea. Se non te ves nesta lista, escríbenos igualmente.
02 / Apoio cultural
Empresas, negocios, organizacións, entidades, asociacións e particulares tamén poden axudar a manter viva a memoria da cidade apoiando un xogo de PlayVigo.
Un espazo para ti
Cada xogo admite ata tres colaboradores. Durante o mes contratado, amosaremos discretamente o teu nome ou logotipo, identificado como apoio cultural, no xogo e nos novos diplomas xerados durante ese período. Coa túa autorización, tamén podemos incluír unha ligazón á túa web.
Ti indicas que nome queres mostrar e que xogo che interesa. Confirmaremos contigo a dispoñibilidade e as datas.
Quero apoiar un xogo03 / Proxectos á medida
Deseñamos propostas culturais e creativas adaptadas a negocios, asociacións, empresas, centros educativos, institucións e particulares. Poden ser pequenas, grandes ou completamente inesperadas.
Podemos crear unha experiencia propia arredor dunha historia, un lugar ou unha celebración. Cada encargo ten un orzamento individual, independente do apoio mensual aos xogos.
Falar do meu proxectoA cidade tamén fala
Quen conserva unha imaxe, recoñece unha rúa, sabe un nome ou quere corrixir un dato tamén colabora. Queremos escoitar, contrastar e recoñecer as fontes, sempre respectando autorías e permisos.
Compartir unha historiaFalamos?
Escríbenos sen compromiso para contarnos que tes en mente. Non precisas ter todo definido: as boas ideas tamén empezan cun «e se…?».
contacto@playvigo.com